ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO - Vilagarcía de Arousa

Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.
OBXECTIVOS:
- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
PROGRAMA:
- Módulo 1.- Introdución ao plan de empresa.
- Módulo 2.- Area Comercial e de Mercado
- Módulo 3.- Área Económico- Financeira
- Módulo 4.- Area Organizativa e trámites de constitución.
CONTIDOS:
- 1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O plan de empresa como ferramenta de diagnose e planeamento: modelos e recursos para a súa elaboración. Cuestionarios de avaliación do perfil emprendedor e áreas do plan. O DAFO.
- 2º sesión.- Área Comercial e de Mercado: o noso produto, servizo, clientes, mercado, competencia, intercooperación.
- 3º sesión.-. Área Económico- Financeira: Plan de investimentos e financiamento, contas de resultados e tesourería previsional, análise de sensibilidade.
- 4º sesión.- Area de organización: estatutos e regulamento de réxime interno, acta de constitución, trámites e calendario para a posta en marcha. Ferramentas e recursos.
DATA INICIO 05/04/2016 DATA FIN 08/04/2016 DURACIÓN 20 horas
HORARIO De 9.30 a 14.30 h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade Adherida á Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Avda. Doutor Tourón, 46 – 36600 Vilagarcía de Arousa
Persoa de contacto Rosa Álvarez Bernárdez
teléfono 981 575 578
e-mail rosaab@ugacota.coop
Inscrición: Preme aquí