Economía Social Meeting: Proceso de internacionalización en cooperativas e entidades de economía social

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza esta actividade colaborativa do Foro pola Economía Social Galega:
ECONOMÍA SOCIAL MEETING: PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN PARA COOPERATIVAS E ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL
Data: 30/09/2019
Horario: de 11:00 a 13:00 horas
Lugar: Sede de Agaca (Asociación de cooperativas Agrarias), rúa Tomiño, 22, entreplanta (Santiago de compostela).
Destinatarios: Persoas socias de cooperativas e sociedades laborais, traballadoras e técnic@s das entidades do 'Foro pola Economía Social Galega' (Agaca, Cegasal, Aeiga, Aesgal, EspazoCoop), grupos promotores, entidades de asesoramento a cooperativas, persoas técnicas de promoción empresarial e outras entidades e redes da economía social e solidaria.
Obxectivos:
- Presentación mutua das entidades participantes: entidades representativas, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, mediante técnicas de presentación e intercambio de coñecementos e experiencias.
- Transferencia de experiencias, metodoloxías ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación.
- Dar a coñecer contidos específicos dos procesos de internacionalización, avantaxes, inconvintes e dificultades para as pequenas e medianas empresas de economía social e estudo de casos.
Programa formativo:
11:00 h - Recepción e entrega de documentación.
11:15 h - Presentación conxunta das entidades e persoas participantes, presentación da Rede Eusumo, e do programa Economía Social Meeting para fomento da intercooperación.
10:30 h - Presentación das distintas procesos de internacionalización, avantaxes, inconvintes e dificultades para as pequenas e medianas empresas de
economía social, estudo de casos, transferencia e intercambio de experiencias, metodoloxías, e boas prácticas.
12:00 h - Peche do encontro.
Para máis información: 881887456 / tino @espazo.coop