Economía Social Meeting, encontro de intercooperación entre empresas e entidades de economía social

AESGAL, a través da Rede Eusumo, organiza esta actividade colaborativa do Foro pola Economía Social Galega:

ECONOMÍA SOCIAL MEETING

Data: 12 de setembro

Horario: de 10:00 a 13:00 h

Duración: 3 horas

Lugar: no edificio municipal CERSIA Empresa, Alcalde Raimundo López Pol, s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela.

Destinatarios: Persoas socias de cooperativas e sociedades laborais, traballadoras e persoal técnico das entidades do "Foro pola Economía Social Galega" (Agaca, Cegasal, Aeiga, Aesgal, EspazoCoop), grupos promotores, entidades de asesoramento a cooperativas, persoas técnicas de promoción empresarial e outras entidades e redes da economía social e solidaria.

Obxectivos:

- Coñecer a Fundación Goteo, as actividaes que realiza e as as opcións de financiamento que ofrece.
- Resolver dúbidas relacionadas coa plataforma goteo.org, e sobre os pasos a dar para obter financiamento.
- Intercambiar experiencias entre as persoas participantes no meeting.

Contido:

- Presentación das persoas participantes no encontro.
- Presentación da FUNDACIÓN GOTEO e da plataforma GOTEO.ORG.
- Intervención de Mauricio O’Brien, Co-Director da FUNDACIÓN GOTEO, entidade que xestiona a plataforma de crowdfunding GOTEO. Na súa intervención explicará como funciona e que diferentes opcións de financiamento temos, ademais doutras actividades de apoio a proxectos.
- Liñas de financiamento de GOTEO -crowdfunding, matchunding-: operativa e consellos.
- Outras actividades realizas pola Fundación.

Inscrición: a través do seguinte formulario.

Para máis información: 679 342 558 / berta.lema@aesgal.org

 

Xoves, 12 September, 2019 - 10:00 to 13:00

Compartir