ECONOMIA SOCIAL MEETING

ECONOMÍA SOCIAL MEETING

Programa para cooperativas e organizacións de economía social de intercooperación para crear contextos de coñecemento e colaboración.
No marco das convocatorias das liñas de apoio do INEGA (Instituto Enerxético de Galica), as entidades que compoñen o Foro pola Economía Social Galega levarán a cabo esta xornada de networking para dalas a coñecer e facilitar o intercambio de información neste ámbito concreto. Tamén quérese presentar Nosa Enerxía, unha cooperativa de consumidoras e usuarias con cerca de 600 socias/os e contratos, que é a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada.

Data: 28 de xaneiro de 2019

Horario: de 11:00 a 13:00 horas

Duración: 2 horas

Lugar: Rúa Tomiño, 22, Baixo, Santiago de Compostela (Na entidade da AGACA Unión de Cooperativas Agrarias)

Destinatarios: Persoas socias, traballadoras e técnicos das entidades do Foro pola Economía Social Galega (Agaca, Cegasal, Aeiga, Aesgal, EspazoCoop) e outras entidades e redes da economía social e solidaria.

Programa:

11:00 h - Recepción e entrega de documentación
11:15 h - Presentación conxunta das entidades e persoas participantes, presentación da Rede Eusumo, e do programa Economía Social Meeting para fomento da intercooperación
11:30 h - Presentación das distintas liñas de axudas do INEGA, presentación de Nosa Enerxía s. coop. galega, transferencia e intercambio de experiencias, metodoloxías, e boas prácticas
13:00 h - Peche do encontro

Obxectivos:

- Presentación mutua das entidades participantes: entidades representativas, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Mediante técnicas de presentación e intercambio de coñecementos e experiencias.
- Posibilitar a transferencia de experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación.
- Dar a coñecer contidos específicos de aforro e eficiencia enerxética que podan contribuír á mellora da xestión empresarial e societaria.

Inscrición: a través do seguinte formulario ou no 881887456tino @espazo.coop

 

Luns, 28 January, 2019 - 11:00 to 13:00

Compartir