Economía Circular Inclusiva

Cegasal e Aeiga organizan a xornada "Economía circular inclusiva. Promoción da economía social no ámbito da economía circular" no marco da Rede Eusumo.

Data: 16 de maio

Horario: de 09:15 h a 13:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: Edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Obxectivos: 

  • Promocionar o coñecemento sobre a economía circular
  • Integrar a economía social como modelo empresarial clave
  • Explorar como os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción empregan a economía circular para fomentar a inclusión laboral de colectivos vulnerables, promovendo emprego e prácticas sostibles
  • Explorar sinerxías entre economía circular e social
  • Estimular a creación de novas iniciativas e modelos de negocio que se aproveiten das vantaxes da economía circular e social para desenvolver solucións máis eficientes e sostibles

Persoas destinatarias:

  • Empresas que traballan na economía social e/ou na economía circular
  • Público interesado en xeral

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web cegasal.com ou aeiga.org

Para calquera dúbida, podes contactar a través de info@aeiga.org ou info@cegasal.com

 

Descarga o programa

 

Xoves, 16 Maio, 2024 - 09:15 to 13:30

Compartir