E se traballamos en equipo?

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

E SE TRABALLAMOS EN EQUIPO?
 

Datas: do 4 ao 20 de maio

Horario: dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 4 e 18 de maio en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Duración: 20 horas

Modalidades: en liña a través da plataforma de teleformación

Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social, a persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento en cooperativa, a persoas interesadas en formar parte de empresas participativas e a todas as persoas interesadas na aprendizaxe práctica das habilidades para o traballo en equipo.

Obxectivos:

  • Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
  • Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
  • Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

Programa:

Módulo 1: Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa. Habilidades persoais e sociais
Módulo 2: Habilidades de comunicación
Módulo 3: Habilidades para o traballo en equipo
Módulo 4: Toma de decisións

Contido formativo:

  • Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Autocoñecemento. Autoestima.
  • Habilidades de comunicación: a escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidades para xestionar críticas, peticións e eloxios.
  • Habilidades de xestión social: traballo en equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvenientes. Fases de maduración do equipo. Os rols nos equipos de traballo.
  • Toma de decisións: tipoloxías. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvenientes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións. Avaliación do obradoiro.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario

Para máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

Preme aquí para visualizar o cartel.

 

Mércores, 4 Maio, 2022 - 11:00 to Venres, 20 Maio, 2022 - 15:00

Compartir