E se traballamos en equipo?

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade de teleformación:

E SE TRABALLAMOS EN EQUIPO?
 

Datas: do 5 ao 8 de abril de 2022

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Modalidades: presencial

Lugar: Viveiro de Empresas, Noal, 26, Porto do Son (A Coruña)

Duración: 20 horas

Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social, a persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento en cooperativa. Persoas interesadas en formar parte de empresas participativas e a todas as persoas interesadas na aprendizaxe práctica das habilidades para o traballo en equipo. 

Obxectivos:

- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo

Programa:

Módulo 1 - Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa. Habilidades persoais e sociais
Módulo 2 - Habilidades de comunicación
Módulo 3 - Habilidades para o traballo en equipo
Módulo 4 - Toma de decisións

Contido formativo:

  • Módulo 1 - Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Autocoñecemento. Autoestima.
  • Módulo 2 - Habilidades de comunicación: a escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidades para xestionar críticas, peticións e eloxios.
  • Módulo 3.- Habilidades de xestión social: traballo en equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvenientes. Fases de maduración do equipo. Os roles nos equipos de traballo.
  • Módulo 4.- Toma de decisións: tipoloxías. A toma de decisión en grupo, avantaxes e inconvintes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións. Avaliación do obradoiro.

Inscricións:
- A través do 981 86 74 12 (Ext: 1302) ou jose.pazo@portodoson.gal

 

Martes, 5 April, 2022 - 09:30 to Venres, 8 April, 2022 - 14:30

Compartir