E se traballamos en equipo?

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

E SE TRABALLAMOS EN EQUIPO?

Datas: do 2 ao 5 de marzo

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas (5 sesións)

Lugar: IES Isaac Díaz Pardo, Rúa Lagoa, 19, Sada (A Coruña).

Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social; persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento cooperativo ou interesadas en formar parte de empresas participativas e a todo o público en xeral interesado na aprendizaxe práctica de habilidades para o traballo en equipo.

Obxectivos:

- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo

Programa:

Módulo 1: Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa
Módulo 2: Desenvolvendo habilidades para o traballo grupal

Contido formativo:

  • Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Autocoñecemento. Autoestima.
  • Habilidades de comunicación: a escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidades para xestionar críticas, peticións e eloxios.
  • Habilidades de xestión social: traballo en equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvintes. Fases de maduración do equipo. Os roles nos equipos de traballo.
  • Toma de decisións: tipoloxías. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvintes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións. Avaliación do obradoiro.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario ou no 881 929 057​ / aedl@concellodesada.com

Preme aquí para visualizar o cartel.

 

Luns, 2 March, 2020 - 09:30 to Xoves, 5 March, 2020 - 14:30

Compartir