Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito nos institutos de educación secundaria de Galicia
Trátanse de charlas formativas sobre emprendemento cooperativo nos IES de Galicia, para divulgar entre os alumnos os proxectos cooperativos de éxito como modelo de emprendemento. Tamén realizaránse visitas as cooperativas da zona cos escolares dos IES para comprobar e coñecer o modelo de empresa cooperativa.
As diferentes sesións transcurrirán da seguinte forma:
1. Presentación sobre o espírito emprendedor cooperativo. Tratando o perfil do emprendedor en xeral e da comarca en particular e tratando as razóns que levan a unha persoa a apostar polo autoemprego. Trataránse tamén casos de boas prácticas.
2. Exercicio práctico de habilidades emprendedoras, onde os alumnos poderán poñer en práctica a súa capacidade emprendedora.
3. Explicación sobre as oportunidades de negocio no medio rural. Coa exposición de casos de éxito de emprendemento no medio rural, onde os alumnos poderán opinar e incluso aportar as súas propias ideas.
4. Visita didáctica á cooperativa Feiraco, Cooperativa O Val, Casa Grande de Xanceda, Adega Condes Albarei S.Coop., Dairylac (Aira S.Coop), etc. Onde os participantes serán guiados a través das instalacións das cooperativas comprobando “in situ” como se organiza o seu traballo diario.
Estas actividades formativas/divulgativas terán lugar en:
Centro: IES Lois Peña Novo (Vilalba)
Data: 28 de setembro 2018
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Centro da Rede Esumo Fundación Terra de Trasancos - Cooperativa O Val, Vilacornelle, s/n, Estrada C116 - Km 5,5 - O Val
Centro: CFEA de Guísamo, Bergondo (A Coruña)
Data: 21 de setembro 2018
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Centro da Rede Esumo Fundación Terra de Trasancos - Cooperativa O Val, Vilacornelle, s/n, Estrada C116 - Km 5,5 - O Val
Centro: CFEA de Sergude, Sergude, Boqueixon (A Coruña)
Data: 25 de setembro 2018
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Centro da Rede Esumo Fundación Terra de Trasancos - Cooperativa O Val, Vilacornelle, s/n, Estrada C116 - Km 5,5 - O Val