Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito nos institutos de educación secundaria
Título: Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito nos institutos de educación secundaria - IES de Galicia
Descrición: O obxectivo das charlas é dar a coñecer entre os alumnos de secundaria do centro os proxectos cooperativos de éxito como modelo de emprendemento. Realizaranse visitas a cooperativas da zona, cos escolares dos IES, para comprobar e coñecer o modelo de empresa cooperativa. Na xornada realizaranse as seguintes actividades:
- Presentación sobre o espírito emprendedor cooperativo: perfil do emprendedor en xeral e da comarca en particular, xuventude emprendedora, razóns que levan a unha persoa a apostar polo autoemprego, casos de boas prácticas.
- Exercicio práctico de habilidades emprendedoras: onde os alumnos poderán poñer en práctica a súa capacidade emprendedora.
- Oportunidades de negocio no medio rural: presentación de oportunidades de negocio no medio rural. Exposición de casos de éxito de emprendemento no medio rural. Os alumnos poderán opinar e incluso completar coas súas propias ideas.
- Visita didáctica a cooperativa FEIRACO, COOPERATIVA O VAL,CASA GRANDE DE XANCEDA, ADEGA CONDES ALBAREI S.Coop., DAIRYLAC (AIRA S.Coop) etc.: os participantes serán guiados a través das instalacións da cooperativa comprobando “in situ” como se organiza o seu traballo diario
Duración: 5 h
Datas: 21 de marzo. De 9:00 a 14:00
Centro: EFA FONTEBOA-Campo da Feria, s/n, Coristanco (A Coruña)
Visita: DAIRYLAC (Aira S.Coop.). P.E. A Madalena, Parcelas 44 a 48, Melide (A Coruña)
Actividade desenvolvida pola Rede Eusumo
Mércores, 21 March, 2018 - 03:00 to 08:00