Dinamización e fomento do espírito emprendedor cooperativo no eido educativo

Título: Dinamización e fomento do espírito emprendedor cooperativo no eido educativo

Descrición: A través destas xornadas, organizadas pola Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, búscase fomentar o espírito emprendedor cooperativo entre os máis novos e as persoas que están próximas a sumersirxe no mercado laboral. A xornada inclúe unha parte teórica, na que motivar ao alumnado cara o emprendemento cooperativo, e a visita a unha cooperatica para coñecer de preto a súa realidade.

Lugar e datas: Prevense alomenos 16 xornadas en diferentes centros educativos galegos, dirixidos a alumnado de ESO, Bacharelato e outros ciclos de ensinanza. As datas e centros nas que se levarán a cabo poden consultarse no programa adxunto.

Horario: Cada xornada ten un horario de impartición diferente segundo á dispoñibilidade do centro educativo de que se trate.

Programa da xornada

 

Luns, 9 April, 2018 - 17:30

Compartir