Día do emprendedor de Galicia

Este evento supón o colofón final a un ciclo de 4 xornadas que se realizaron nas catro provincias de Galicia en materia de Emprendemento.

Esta edición centra toda a súa actividade no Obxectivo 3C: CREAR, CONSOLIDAR E CRECER EN 2016

• A importancia da implementación e crecemento do proxecto.
• Elementos que poden minimizar o risco.
• Solucións para acadar o obxectivo de crear, consolidar e construír unha estratexia de crecemento de cara ao 2016.

A conferencia inaugural correrá a cargo de EDURNE PASABAN, primeira muller da historia en subir os 14 picos de máis de oito mil metros do planeta. Edurne combina hoxe en día a súa carreira deportiva coa súa vinculación cada vez máis sólida ao mundo da empresa, un eido no que exerce como conferenciante tanto para empresas do ámbito nacional e internacional como para entidades deportivas, culturais e educativas. Nesta conferencia, e seguindo o obxectivo do evento, aportará as claves para acadar o éxito ante calquera reto persoal e laboral.

Actividades

Entre as actividades a salientar, durante todo o día, sucederanse as que seguen:

• Un ambicioso programa composto por varios itinerarios específicos para emprendedores.
• 6 intervencións mestras sucesivas de 6 expertos en diferentes temáticas de emprendemento.
• 10 asesores que, de xeito simultáneo, ofertarán asesoramentos individuais.
• Un espazo de Robótica.
• Gran final do concurso GALICIA EMPRENDE e entrega de premios.

Esta é unha actividade aberta a emprendedores/as e empresarios/as, e totalmente gratuíta.

Data e hora
Venres, 30 de outubro a las 9:00 h.

Lugar
Hotel Convento San Francisco
Santiago de Compostela

Descargue o programa aquí

Inscrición ao evento

 

 

Xoves, 29 October, 2015 - 10:00

Compartir