Cursos de Márketing Dixital para Cooperativas e Sociedades Laborais

A Fundación CEL – Iniciativas por Lugo organiza, durante a segunda e terceira semana de seiembro de 2016, dous cursos gratuítos de Márketing Dixital especialmente dirixidos a Cooperativas e Sociedades Laborais de recente creación, e tamén a emprendedores de economía social.

Estas accións formativas, cofinanciadas a través da Rede Eusumo e a Xunta de Galicia, terán lugar nas instalacións da Fundación CEL (Pazo de Ferias e Congresos) en horario de tarde e estruturaranse a través de dous módulos (iniciación e avanzado).

As prazas son limitadas e cubriranse por  orde de inscrición.

Esta formación será impartida por un experto profesional do sector de forma presencial e baixo un formato eminentemente práctico. Facilitar a comprensión da importancia que supón acometer procesos de transformación dixital nunha organización e a adquisición de competencias tecnolóxicas básicas; fomentar a aprendizaxe para o desenvolvemento dun programa de e-Comunicación propio, e indicar como utilizar as principais ferramentas para a súa implementación como blogs e redes sociais, tendo como base unha estratexia social media que proporcione ventaxas competitivas no mercado de referencia de cada negocio.

Entre outros temas, os alumnos aprenderán a:

  • Elaborar un plan de e-Comunicación para a súa empresa ou proxecto.
  • Crear e xestionar o seu propio blog.
  • Crear e xestionar unha páxina de Facebook ou unha conta de Twitter
  • Por en práctica estratexias de SEO
  • Crear campañas de anuncios en redes sociais
  • Monitorizar e avaliar os resultados das súas accións online

Programa

Luns, 12 September, 2016 - 11:00 to Xoves, 22 September, 2016 - 15:00

Compartir