Curso online "Regulamento de réxime interno"

Dentro das actividades da Rede Eusumo, rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia (UCETAG) organiza o curso online "Regulamento de réxime interno"  cunha duración de 30 horas (24 horas online e 6 horas presenciais).

Que obxectivos persegue o curso?

  • Reflexionar sobre os distintos aspectos diferenciais da organización cooperativa, e as potencialidades da autorregulación.
  • Enfocar o regulamento interno como instrumento de mellora organizativa.
  • Ordenar as fases e os procedementos para elaborar ou modificar un regulamento interno.
  • Presentar e valorar diferentes opcións concretas de regulación dos aspectos societarios, laborais, etc.

A quen vai dirixido?

A cooperativistas e a persoas interesadas no cooperativismo, o asociacionismo e as organizacións de base democrática, así como a persoal técnico especializado no asesoramento a cooperativo.

Cando?

Este curso terá lugar entre os días 01 e 30 de abril de 2016.

Sesións presenciais:

VIGO: 8 e 29 de abril de 17:30 h. a 20:30 h. na Cámara de Comercio, República Ar xentina 18 - 36201 Vigo

A CORUÑA: 1 e 22 de abril de 17:00 h. a 20:00 h. no Centro Universitario de Riazor, r/ Almirante Láncara, A Coruña

Como inscribirse?

Podes inscribirche chamando contactando con:

Para máis información:

Descarga o programa aquí VIGO

Descarga o programa aquí A CORUÑA

 

 

Venres, 1 April, 2016 - 18:15 to Sábado, 30 April, 2016 - 18:15

Compartir