Curso online: Creación de empresas de economía social no sector das TIC e nas Industrias culturais e creativas

Este curso, que terá unha duración estimada de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas distribuídas en dúas sesión) con formación en liña titorizada de forma individualizada. (16 horas), permitirá aos asistentes percorrer escenarios crave no impulso e consolidación dun proxecto empresarial de economía social no sector das TIC e nas industrias culturais e creativas.

O curso, que terá lugar entre os días 16 e 29 de setembro, ten como obxectivo o de impulsar a creación de empresas de economía social en dous dos sectores máis dinámicos da estrutura produtiva galega: sector das TIC e nas industrias culturais e creativas, así como:

- Dar a coñecer oportunidades de negocio no sector das TIC e nas industrias culturais e creativas.

- Características das fórmulas de economía social: Diferenzas con outras formas xurídicas.

- Mostras as distintas etapas para o impulso e consolidación dun proxecto empresarial de economía social no sector das TIC e nas industrias culturais e creativas.

- Aprender a comunicar un proxecto empresarial.

- Coñecer os incentivos existentes para o impulso de proxectos de economía social.

Este curso intégrase no programa Ourense Cooperativa,  un programa impulsado pola Agrupación de concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense) como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo da Xunta de Galicia,  que terá lugar durante todo o mes de setembro e que está conformado por un conxunto de actividades que permitirán aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

Programa curso TIC cultural

Para máis información: www.ourensecooperativa.gal

Inscríbete en: www.ourensecooperativa.gal/inscricions/

Venres, 16 September, 2016 - 04:00 to Xoves, 29 September, 2016 - 07:00

Compartir