Curso "EDUCAR EN COOPERATIVISMO". Concello de Xermade

Dentro das actividades da Rede Eusumo, rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia (UCETAG) organiza no concello de Xermade o Curso gratuito “Educar en cooperativismo” cunha duración de 20 horas.

Que obxectivos persegue o curso?

  • Coñecer metodoloxías e recursos para traballar os valores cooperativos con rapaces e rapazas de 6 a 16 anos.
  • Reforzar as competencias educativas na transmisión do cooperativismo.
  • Orientación ao autoemprego cooperativo como alternativa laborarl.

A quen vai dirixido?

O curso vai dirixido a profesionais da educación: do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos.

Cando?

Este curso terá lugar entre os días 14 e 17 de marzo de 2016 en horario de tarde de 16:00 h. a 21:00 h. na nave municipal do Polígono Industrial do Concello de Xermade.

Como inscribirse?

Podes inscribirche chamando contactando con:

  • UCETAG: 986 866 149 ou no correo teresa@ucetag.org
  • Concello de Xermade: Manuela Vilaboy Romero (Educadora familiar). Tel. 982-501001 ou 678744178

Para máis información:

Descarga o programa aquí

 

 

Luns, 14 March, 2016 - 10:00 to Xoves, 17 March, 2016 - 15:00

Compartir