Curso e visita formativa: Emprendemento cooperativo, acceso aos mercados, márketing e diferenciación no sector agroalimentario, na reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Este curso e estas visitas formativas están deseñadas co obxectivo de promover o cooperativismo como ferramenta para a posta en marcha de proxectos emprendedores no ámbito da produción agroalimentaria, así como avanzar nunha comercialización das producións baseada nas novas ferramentas de márketing para o acceso aos mercados.
Primeiramente abordaranse os retos e oportunidades do acceso aos mercados, diferenciación, márketing e cooperativismo do sector agroalimentario. Tamén se contemplarán diferentes estratexias de diferenciación e posicionamento para os productos agroalimentarios.
Dentro da visita programada para o día 28, está incluída una visita á Fundación Edes e Finca El Cubillón (Tapia de Casariego – Asturias).
Datas curso:
Do luns 19 ao venres 23 de setembro
De 9:00 a 14:00 horas
Data visita:
Mércores 28 de setembro
Lugar:
Fundación Juana de Vega
R/ Salvador Allende, s/n. 15176 San Pedro de Nós
Oleiros (A Coruña)
Máis información e inscricións: