Curso de Ferramentas Imprescindibles para un Emprendedor Cooperativo

Ferramentas imprescindibles para un emprendedor cooperativo
A Fundación CEL Iniciativas por Lugo organiza este curso coa cofinanciación da Rede Eusumo e a Xunta de Galicia.
O obxectivo final desta acción formativa, orientada a mellorar a formación dos emprendedores de economía social en materias relacionadas, entre outros, coa comunicación, a negociación e as ventas, é axudar a mellorar a comunicación interna da empresa e, con isto, á configuración de equipos de traballo máis efectivos e produtivos.
Data: 2,3,4 e 5 de xullo de 2018
Horario: 16:00 - 20:00 h
Lugar: Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos de Lugo)
Os puntos principais a tratar no curso son:
- Falar en público, como fórmula para aportar confianza á persoa emprendedora e as súas posibilidades de facer negocios.
- Comunicación efectiva, pois a comunicación interna é unha peza fundamental para lograr equipos máis efectivos e produtivos e no curso profundizarase en temas como escoita activa, preguntas e empatía.
- PNL e coaching para ventas, como vía para asegurar a viabilidade da cooperativa ou sociedade laboral.
- Negociación cooperativa, con ferramentas para realizar negociacións segundo o método Harvard, fundamentadas en acadar acordos duradeiros e sustentables.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde riguroso de inscrición.
Entregarase un diploma acreditativo de asistencia e aproveitamento.
Prema na seguinte ligazón para ver o programa das xornadas:
Para realizar a inscrición, prema aquí.