Curso de dinamización dos técnicos da Mancomunidade de municipios da comarca de Verín: Ferramentas para asesorar a grupos promotores

A Mancomunidade de municipios da comarca de Verín organiza a seguinte actividade coa colaboración da Rede Eusumo:

CURSO DE DINAMIZACIÓN DOS TÉCNICOS DA MANCOMUNIDADE: FERRAMENTAS PARA ASESORAR A GRUPOS PROMOTORES

Datas: 9, 16, 23 e 26 de setembro

Horario: de 08:00 a 13:00 h 

Lugar: Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, Parque Empresarial de Pazos, s/n, Verín (Ourense)

Duración: 20 horas

Destinatarios: Técnicos, técnicas e empresarios relacionados co desenvolvemento económico do territorio da Mancomunidade que traballen en entidades tanto públicas como privadas, así como outro persoal interesado en axudar ao
desenvolvemento socioeconómico da zona.

Obxectivos:

  • Formación en Economía Social
  • Que as persoas que asesoran a emprendedoras/es saiban aconsellar cal é a fórmula que mellor se adapta a cada iniciativa, coñecendo as diferenzas entre elas.
  • Aproveitar sinerxías entre os participantes na formación.
  • Coñecer e practicar con ferramentas que lles axuden a atender a os seus usuarios.
  • Entender o papel da Mancomunidade no apoio ao desenvolvemento do territorio.

Para máis información: 988 414 600 / mancomunidade@verin.net

Podes descargar o programa premendo aquí.
Podes visualizar o cartel premendo aquí.
 

Luns, 9 September, 2019 - 09:00 to Xoves, 26 September, 2019 - 12:00

Compartir