CURSO de CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO

Os vindeiros días 26, 27, 28 e 29 de xullo terá lugar a actividade de formación sobre a alternativa de emprego na creación de cooperativas de ensino. O curso levarase a cabo na  Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.
O contido do mesmo contará con dinámicas e actividades que axuden a reflexionar e amosen de xeito práctico as diferentes competencias persoais e grupais que son necesarias para o emprendemento cooperativo.
A través dos contidos máis teóricos e lexislativos dos módulos, os participantes irán concretando nunha proposta propia axustada á súa realidade das cooperativas de ensino, gustos e intereses en grupos abertos que formarán de xeito libre eles mesmos, ata chegar a crear o seu propio proxecto cooperativo a través da elaboración dun plan de empresa.
Dirixido a profesionais da educación, que queiran un emprego no ámbito da educación

Horario:

09:00H-14:00H

Lugar:
Rúa República Arxentina, 18 A – 36201 VIGO
Tel.: 986 866149

Info:
teresa@ucetag.org

Máis información en:

www.ucetag.org

 

Martes, 26 July, 2016 - 04:00 to Venres, 29 July, 2016 - 09:00

Compartir