Curso "CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO" en A Coruña

Dentro das actividades da Rede Eusumo, rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia (UCETAG) organiza na Confederación de Empresarios da Coruña o curso gratuito "Creación de Cooperativas de Ensino" cunha duración de 20 horas.
Que obxectivos persegue o curso?
- Presentar as características da cooperativa de ensino e as claves que a diferencian doutras fórmulas.
- Coñecer os pasos que son necesarios para constituír unha cooperativa de ensino con éxito.
- Orientar sobre as axudas e recursos de apoio dispoñibles.
A quen vai dirixido?
O curso vai dirixido a profesionais que queiran un emprego no ámbito da educación, regrada ou non regrada, que estean pensando na posibilidade de emprender e queiran coñecer cómo facelo baixo a fórmula da cooperativa de ensino.
Cando?
Este curso terá lugar entre os días 08 e 11 de marzo de 2016 en horario de mañá de 09:00 h. a 14:00 h. Confederación de Empresarios, Praza de Luís Seoane, A Coruña
Como inscribirse?
Podes inscribirche chamando contactando con:
- UCETAG: 986 866 149 ou no correo teresa@ucetag.org
- FORMULARIO
Para máis información:
- 986 866 149
- teresa@ucetag.org
- www.ucetag.org