A Cooperativa Cestola na Cachola traballará nun proxecto cultural promovido polo consorcio de turismo da Ribeira Sacra

A cooperativa Cestola na Cachola vai participar nos próximos dous meses nun proxecto promovido polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que pretende impregnar de murais, vinculados con historia e lendas locais, 14 concellos da Ribeira Sacra.
Dende o consorcio, a xerente Alexandra Seara, afirma que “o principal obxectivo é o de embelecer os espazos degradados e por en valor os recursos, tradicións e lendas da zona”. Por outra banda desde a cooperativa resaltan “a idea de traballar en base a cada localización. Queremos xogar ca historia local e representar espazos naturais. A Ribeira Sacra destaca polas súas lendas e pola súa cultura e patrimonio.”
As pinturas poderanse atopar en espazos exteriores turísticos ó longo dos 21 municipios marcados polos ríos Miño e Sil, e en cada un deles tratarase de representar unha historia ou lenda que o caracterice.
O primeiro mural pintado foi na praza do Toural de Sober, recreando a lenda da Pena da Serpe de Vilaescura.
Máis información: