Convocados os Premios á Cooperación 2016

No DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015 publícase a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 15 de maio de 2016.
DESCARGUE O CARTEL INFORMATIVO DOS PREMIOS Á COOPERACIÓN 2016
Para máis información pode acceder ao texto publicado no DOG nos seguintes enlaces:
Galego: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-001...
Castelán: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-001...