Convocado o Certame Cooperativismo no ensino 2016

No DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015 publícase a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.
Ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 15 de maio de 2016.
DESCARGA O CARTEL INFORMATIVO AQUÍ
DESCARGUE A FICHA RESUMO DE PROXECTOS PARA PARTICIPAR NO CERTAME
Para máis información pode acceder ao texto publicado no DOG nos seguintes enlaces:
Galego: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-001...
Castelán: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-231215-001...