CONVITE: SESIÓN TEMÁTICA DE ECONOMÍA SOCIAL EN POVOA DE VARZIM

O próximo 18 de abril desenvolverase, dentro das accións levadas a cabo dentro do marco do “Congresso Nacional da Economia Social 2017 - CONVITE“, a sesión temática "A Economia Social e o relacionamento com o Estado".
A sesión comezará ás 9:00 da mañá e desenvolverá ao longo de toda a xornada distintas actividades como relatorios, debates e ata a presentación do libro “Conta satélite da economía social”.
O obxectivo desta sesión e outras levadas a cabo dentro do marco de CONVITE, é reforzar o sector da economía social no plano institucional, legal e organizacional, promovendo o reforzo do seu papel na economía e na sociedade portuguesa
Martes, 18 April, 2017 - 04:30 to 12:00