Contratación pública e responsabilidade social

EspazoCoop, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade:

CONTRATACIÓN PÚBLICA E RESPONSABILIDADE SOCIAL
 

Datas: 24 e 25 de marzo

Horario: de 09:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 18:30 horas

Lugar: na aula de Cegasal, Rúa Dublín, 3, baixo, Polígonos de fontiñas, Santiago de Compostela

Destinatarios: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop, outras cooperativas e entidades de economía social.

Duración: 15 horas

Obxectivos:

- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
- Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
- Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección.
- Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

Contido:

1. Participar e incidir na preparación de expedientes de contratación.
2. Buscar oportunidades de negocio co Sector Público en Internet.
3. Estudar os pliegos, antes de decidirte a licitar.
4. Tomar a decisión de licitar.
5. Evitar erros no proceso de licitación.
6. Preparar os documentos e os sobres electrónicos.
7. Entender como funcionan os procedementos de adxudicación mais usados polo sector público:
- Contrato menor
- Procedemento aberto
- Procedemento aberto simplificado
- Procedemento aberto supersimplificado
8. Saber que posibilidades hai nos procedementos negociados sen publicidade por razóns de exclusividade ou outros motivos.
9. Deseñar unha estratexia de licitación.
10.Cumprir o contrato.
11.Solicitalo certificado do contrato cumprido.
12.Facturar electrónicamente. 

Inscricións: a través do seguinte formulario ou no 881 887 456 / patane@espazo.coop

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Martes, 24 March, 2020 - 09:30 to Mércores, 25 March, 2020 - 18:30

Compartir