COMO POÑER EN MARCHA O MEU PROXECTO COOPERATIVO

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte actividade formativa no marco de CORUÑA EMPRENDE:

COMO POÑER EN MARCHA O MEU PROXECTO COOPERATIVO
 

Datas: do  25 de outubro ao 19 de novembro

Duración: 40 horas

Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación

Celebraranse 3 sesións virtuais de aprendizaxe os días 26 de outubro, 5 e 15 de novembro en horario de 11:00 a 12:30 h.

Destinatarios: Persoas cunha idea de negocio e/ou proxecto empresarial interesadas en valorar a viabilidade de emprender baixo a fórmula cooperativa. Primarase a participación de persoas pertencentes a grupos promotores, ás que proveñan de empresas en crise, persoas traballadoras coa condición de autónomas, etc.

Obxectivos:

- Dar a coñecer á cidadanía en xeral e ás persoas emprendedoras en particular, o modelo empresarial das cooperativas e empresas da Economía Social. Visibilizándoas como fórmula acaída para a creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación no territorio, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
- Facilitar o acceso ao coñecemento e a formación das persoas residentes na cidade da Coruña a través de cursos de teleformación que permitan a participación en actividades formativas a distancia sen riscos para a saúde pero contando con todos os apoios e calidade da formación especializada de Espazocoop.
- Promover a creación dun ecosistema emprendedor no cooperativismo e na economía social na cidade da Coruña que se poida materializar, nun futuro próximo, na constitución de novas cooperativas que enriquezan o tecido produtivo da cidade.

Programa formativo:

1. Presentación

  • Coñece ás cooperativas
  • Coñece a Economía Social
  • O Emprendemento

2. Como se traballa nunha cooperativa. Condicións básicas.

  • Que é unha cooperativa
  • Diferencias das cooperativas con outros modelos empresariais

3. Organización cooperativa

  • Organigrama Cooperativo
  • Asembleas e reunións
  • Organización Societaria e do traballo
  • Documentación social e contable

4. Experiencia cooperativa.

  • Pasos constitución
  • Recursos financeiros
  • O cooperativismo na Coruña. Diálogo con cooperativistas

Inscricións:

- Gratuíta
- Inscricións: a través desta ligazón.

Para máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

 

Luns, 25 October, 2021 - 09:00 to Venres, 19 November, 2021 - 09:00

Compartir