Como crear emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal (Alfoz)

Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal” (CARBALLEDA)

O 20 de xuño terá lugar a xornada “Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal”, centrada na identificación e potenciación dos recursos dos montes en man común para os veciños, mediante a xestión cooperativa.
A cita será no Concello de Alfoz (Lugo).
AGACA organiza as xornadas co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo.
As persoas interesadas poden inscribirse a través da web de AGACA ou en 981 584783.

Tradicionalmente, as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) empregan estes terreos para produción madeireira que, xunto coa instalación de parques eólicos, é unha das principais actividades xestionadas polas CMVMC.

A Xornada, orientada a persoal especializado na xestión de montes veciñais e de man común (MVMC), pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativa.

O seminario tratará aspectos económicos e lexislativos marcados pola nova Lei de Montes, para aclarar as diferentes posibilidades de investimento das CMVMC, así como modos de xestión cooperativa dos seus recursos ociosos. Tamén se mostrará como innovar a través da eficiencia enerxética. Intervirán o director-xerente de AGACA, Higinio Mougán, e o técnico desta mesma asociación Carlos Ares.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.

Lugar: Centro Sociocultural de Alfoz. Cristo, nº 6, Adelán  2773 Alfoz (Lugo).
Data e hora: luns 20 de xuño. De 16:00 a 21:00 h.

Descargue o programa aquí

Luns, 20 June, 2016 - 11:00 to 16:00

Compartir