Coñece as potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas con esta nova xornada

O próximo 20 de marzo a rede Eusumo celebrará a xornada As potencialidades da economía social nas industrias culturais e creativas, a través da que expoñer novas oportunidades de emprendemento de economía social.

Os principais obxectivos da xornada son: 

  • Achegar a economía social como un sector idóneo para impulsar proxectos culturais e creativos.
  • Coñecer as tendencias existentes nas industrias culturais e creativas.
  • Amosar experiencias de proxectos de economía social nas industrias culturais e creativas.

Podes descargar aquí o programa completo da xornada.

Para asistir inscríbete a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 19 de marzo.

Agardámoste!

 

Martes, 20 March, 2018 - 05:30 to 07:30

Compartir