Celébrase a Xornada de promoción dos productos alimentarios e artesanía das cooperativas de Galicia
O día 22 de xaneiro celébrase, en Santiago de Compostela, a Xornada de promoción dos productos alimentarios e artesanía das cooperativas de Galicia entre os xestores de seis importantes mercados gastronómicos de España, nos que a calidade e a bosa imaxe ofrecen ao visitante un novo concepto gastronómico que está a funcionar con grande éxito en moitas cidades españolas. En concreto, estes seis mercados son: La Boquería (Barcelona), Mercat de Santa Caterina (Barcelona), Mercado San Antón (Madrid), Platea (Madrid), Lonja del Barranco (Sevilla), Mercado de Correos (Murcia).
Nesta xornada Participan 16 cooperativas galegas que aproveitarán para establecer unha nova canle de distribución dos seus produtos nestes establecementos gourmet. Estas cooperativas son:
- Amarelante Soc. Coop. Galega
- Amegrove Soc. Coop. Galega
- A Meixoeira Soc. Coop. Galega
- Bodegas Eidosela Soc. Coop. Galega
- Condado Paradanta Soc. Coop. Galega
- Coop. Agraria Provincial da Coruña
- Milullhoa Soc. Coop. Galega
- Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega
- Pegadas Soc. Coop. Galega
- Productores del Campo de Capela Soc. Coop. Galega
- Rayados Soc. Coop. Galega
- Ría de Arousa Soc. Coop. Galega
- Vélaro Soc. Coop. Galega
- Viña Moraima Soc. Coop. Galega
- Terras da Mariña Soc. Coop. Galega
- 7H Cooperativa Cultural
Pode consultar máis información sobre as entidades participantes no seguinte documento