Axudas funcionamento entidades asociativas de economía social na convocatoria 2022 - PECHADO O PRAZO

Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.
Entidades beneficiarias: poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:
- As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuación previstas no programa I.
- As asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.
Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
- Programa I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
- Programa II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Gastos subvencionables en ambos programas: considéranse gastos de funcionamento subvencionables, entre outros, os que se indican a continuación:
- Alugueiros de locais e equipamentos
- Gastos de persoal da asociación
- Axudas de custo e desprazamento
- Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga
- Primas de seguros
- Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas
- Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade
- Servizos profesionais independentes
- Cotas asociativas a entidades de intercooperación
- Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
A maiores, no Programa II se subvencionarán tamén os gastos de elaboración de estudos e publicacións, de realización de actividades de formación en Galicia ou de implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego ou das empresas de inserción en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: finaliza o día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
Para consultar a orde, preme aquí.
Podes consultar o folleto asociacións 2022 aquí.