Axudas para a continuidade de casas do maior

A Consellería de Política Social e Xuventude publica as bases reguladoras das axudas para a continuidade de casas do maior para as anualidades 2024 e 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

A finalidade é apoiar a continuidade e o mantemento das casas do maior postas en marcha nos anos 2019, 2021 e 2022.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. Persoas autónomas
  2. Cooperativas de traballo asociado

Cales son os gastos subvencionables?

Serán subvencionables os gastos para a prestación da atención individualizada das persoas maiores de 60 anos, en situación de dependencia graos I, e das persoas sen dependencia como recurso de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal.

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 26 de marzo de 2024.

As solicitudes de subvencións reguladas nesta orde presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Martes, 26 March, 2024 - 23:45

Compartir