Axudas ao emprendemento

Cal é a finalidade destas axudas?
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade en Galicia.
Quen pode solicitar estas axudas?
- Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023, de conformidade co establecido no artigo 1.
- . As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio fiscal en Galicia.
- Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
- Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.
- Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
- Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
- Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Cales son os investimentos subvencionables?
1º. Equipamento informático.
2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3º. Investimentos en eficiencia enerxética.
4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6º. Gastos notariais e/ou rexistrais (gasto corrente).
7º. Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade para a que se solicita a subvención (gasto corrente).
8º. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.