Axuda IGAPE IG206 - Bonificación dos custos do financiamento das microempresas titulares de préstamos inferiores a 25.000 euros (2015)

IG206 - BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DAS MICROEMPRESAS TITULARES DE PRÉSTAMOS INFERIORES A 25.000 EUROS (2015)

Finalidade / Obxectivo

Bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Beneficiarios potenciais

Os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das Liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2015 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe inferior ou igual a 25.000 euros a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización, establecidas nestas bases.

Inversións ou gastos computables

O financiamento poderá destinarse aos seguintes conceptos:

• Activos fixos produtivos novos ou de segunda man.
• Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismos, cun prezo máximo de 30.000,00 €, sen incluír o IVE.
• Adquisición de empresas.
• Liquidez co límite do 50% do financiamento.

- Por activo produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade da empresa.

Os beneficiarios das axudas establecidas nestas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia da bonificación á operación financeira. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

Non se concederá axuda, por parte do Igape, ao financiamento destinado a:

- Vehículos de transporte, no sector de transporte de mercadorías por estrada.
- Adquisición ou construción de buques de pesca.
- O Imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de outubro de 2015

Documentación de interese

Máis información

INFORMACIÓN: 900 81 51 51 e nas oficinas territoriais do Igape.

A fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, nos números de teléfono 900 81 51 51 ou 981 541 147.

TRAMITACIÓN: Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación en http://www.tramita.igape.es

Martes, 25 August, 2015 - 12:30

Compartir