Axuda Galicia Rural Emprende 2022 - PECHADO O PRAZO

O Igape abre o prazo para solicitar a axuda ao emprendemento Galicia Rural Emprende na convocatoria para o ano 2022.

O obxectivo desta axuda é subvencionar proxectos dirixidos a crear emprego en zonas rurais, mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que contribúan á diversificación económica, ao crecemento do emprego, á sustentabilidade do medio rural e ao equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Serán subvencionables as seguintes actividades:

  • Talleres e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
  • Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado das inversións non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
  • Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
  • Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
  • Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
  • Artesanía e actividades artesanais.
  • Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico. Actividades nos sectores da enxeñeiría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
  • Comercio ao por menor de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
  • No sector da hostalairía, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais singulares (pazos, muiños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

A axuda consiste nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 euros, y que poderá incrementarse hasta un máximo de 45.000 €.

prazo de presentación de solicitudes é ata o 8 de marzo.

Para consultar a resolución prema aquí.

 

Martes, 4 January, 2022 - 09:00 to Martes, 8 March, 2022 - 09:00

Compartir