APROL: AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE ACCIÓNS SUBVENCIONADAS

Segundo publícase no DOG,  quedou modificado o prazo máximo de xustificación das acción subvencionadas ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2016 da Subvención para o fomento do emprendemento do Programa APROL – Economia Social. O prazo establecido  no artigo 65 con data 16 de novembro do 2016, pasa a ser modificado quedando como a nova data de xustificación o 30 de novembro do 2016.

Diversas dificultades de carácter técnico, así como a tardía publicación no DOG da orde de convocatoria, provocaron que a fase de instrución se prolongase máis alá das datas inicialmente previstas, o que afecta os prazos de resolución das solicitudes.

Por tal motivo, co fin de garantir a maior eficacia posible da convocatoria das referidas axudas, cómpre adaptar o prazo de xustificación inicialmente previsto, xa que por causas sobrevidas resulta de difícil cumprimento.

Xoves, 3 November, 2016 - 09:30

Compartir