Almorzo cooperativo virtual: fondos de recuperación next generation

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
ALMORZO COOPERATIVO VIRTUAL: FONDOS DE RECUPERACIÓN NEXT GENERATION
Data: o 10 de marzo de 2021
Horario: de 09:30 a 11:30 h
Modalidade: en liña (plataforma virtual)
Duración: 2 horas
Destinatarios:
- Socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop, de forma preferente, representantes de Sectoriais de EspazoCoop: Ensino, Cultura, Consultoría, Consumo, Ambiente-Turismo, Sen Ánimo de Lucro, Tic...
- Cooperativas da Unión de interese estratéxico vinculadas aos eixos obxecto de promoción dos Fondos, ou tamén consultoras de proxectos.
Obxectivos:
- Divulgar a información dos Fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia para afrontar a crise da Covid19.
- Promover espazos e ferramentas para actualizar e recoller as necesidades e potenciais proxectos estratéxicos das cooperativas de Espazo-Coop, nomeadamente, dirixidos á transformación territorial e ao desafío demográfico, a través de iniciativas tractoras en enerxía, coidados,dixitalización, educación e agroalimentario.
- Trasladar a devandita información ás redes asociativas da Economía Social e Solidaria, das que fai parte EspazoCoop, nomeadamente Foro pola Economía Social Galega e Cepes, para a súa tradución en políticas públicas, nomeadamente do Goberno de España, e a programación de servizos e actividades favorecedoras na cobertura dos devanditos proxectos.
Programa:
09:30 h. - Benvida das persoas e entidades.
09:45 h.- Exposición sobre os Fondos de Recuperación.Celso Gándara, Membro do consello de EspazoCoop e Presidente de Foro pola Economía Social Galega.
10:15 h.- Grupos de Traballo.Recollida de propostas de proxectos e necesidades estratéxicas vinculadas aos eixos dos Fondos.
10:45 h.- Plenario.
11.30 h.- Peche da Xornada.
Inscrición:
- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / ramon@espazo.coop / 881 887 456