AGACA e “la Caixa” impulsan o envellecemento activo en Melide

- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizan este luns na cooperativa Melisanto a xornada“Coidar, coidarte” para contribuír ao envellecemento activo.
- É a segunda deste ciclo de xornadas que se levarán a cabo en cooperativas de toda Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016.- Un grupo de socias da cooperativa láctea e hortícola Melisanto participará o día 20 na charla “Coidar, coidarte” impartida por expertas en atención a persoas maiores e con dependencia.
A xornada informará sobre os diferentes procesos físicos e psicolóxicos asociados co envellecemento e achegará pautas para tratar de mitigar o deterioro asociado a cumprir anos.
Ademais, explicaranse técnicas para o coidado no fogar de persoas maiores dependentes, tratando de mellorar o seu benestar á vez que facilitando o labor das persoas coidadoras que, na contorna do cooperativismo agroalimentario, adoitan ser mulleres da familia.
Compromiso social
“Coidar, coidarte” responde ás demandas efectuadas polas cooperativistas que interviñeron en accións previas desenvolvidas por AGACA e Obra Social “la Caixa”, que reafirman deste xeito o seu compromiso co medio rural galego, contribuíndo ao seu avance social.
Lugar: Melisanto, Lugar de Agüeiros-Furelos, s/n, Melide – (A Coruña)
Horario: luns, 20 de junio, de 10:00 a 14:00 h.