Actividades da UCETAG na Rede Eusumo 2016

Dentro das actividades da Rede EUSUMO que organiza a UCETAG (Unión de Cooperativas de Ensino), vanse levar adiante durante os meses de marzo e abril os seguintes cursos gratuítos:
CURSO: EDUCAR EN COOPERATIVISMO
Cunha duración de 20 horas. O curso vai dirixido a profesionais da educación, do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos.
CURSO CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO – UNHA ALTERNATIVA AO EMPREGO
Cunha duración de 20 horas. O curso vai dirixido a profesionais da educación, do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos, con ganas du nemprego na educación regrada e non regrada, con interese por emprender e queiran coñecer cómo facelo a través da fórmula cooperativa.
CURSO ASEMBLEAS E REUNIÓNS – CURSO ONLINE CON DÚAS SESIÓNS PRESENCIAIS
Cunha duración de 30 horas. O curso vai dirixido especialmente ás persoas das cooperativas, sociedades laborais, asociacións, centros de ensino e todas aquelas que queiran mellorar as súas reunións.
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO - CURSO ONLINE CON DÚAS SESIÓNS PRESENCIAIS
Cunha duración de 30 horas. O curso vai dirixido a persoas interesadas no cooperativismo, o asociacionismo e as organizacións de base democrática, así como a persoal técnico especializado no asesoramento cooperativo.
Estes cursos terán lugar nas cidades de Vigo, A Coruña , Xermade, Moaña, Cangas e Santiago.
Para coñecer os programas dos diferentes cursos e inscribirse nos mesmos pulsar aquí
Máis información en:
- 986 866 149 / 699 958 888
- info@ucetag.org
- www.ucetag.org