Achegándonos ao conflicto

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte obradoiro:

ACHEGÁNDONOS AO CONFLICTO
 

Datas: do 19 ao 22 de abril de 2022

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Modalidades: presencial

Lugar: no salón de Plenos do Concello de Sada, Avenida do Porto 24, Sada (A Coruña)

Duración: 20 horas

Destinatarios: persoas socias de cooperativas, sociedades laborais e tamén a persoas desempregadas, emprendedoras, e público en xeral, interesadas en coñecer e experimentar nos procesos de conflito que xurden especialmente nos contextos de traballo en equipo ou cooperativo.

Obxectivos:

- Comprender que o conflito é algo natural que está presente na nosa vida.
- Coñecer as diferentes fontes das que xurde o conflito.
- Coñecer e experimentar os diferentes estilos de afrontamento do conflito.
- Achegarnos a xeitos construtivos de xestionar as situacións de conflito.

Programa:

Módulo 1 - O conflito está no aire
Módulo 2 - As fontes do conflito
Módulo 3 - Estilos de resolución de conflitos
Módulo 4 - Pautas para a xestión das situacións conflitivas

Contido formativo:

  • Módulo 1 - Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Que é o conflito? Emocións e conflito. Aspectos positivos do conflito. Consecuencias do non afrontamento do conflito.
  • Módulo 2 - De onde xurde o conflito? Como afrontar a situación de conflito dependendo da orixe deste? Habilidades de comunicación.
  • Módulo 3 - Estilos de resolución de conflito. Estratexias gañar-perder. Estratexias gañar-gañar. A busca creativa de solucións aos conflitos.
  • Módulo 4 - A actitude cara a resolución do conflito. As competencias que debemos desenvolver. As preguntas as que debemos dar resposta para avanzar na solución do conflito.

Inscricións:

- Gratuítas
- A través desta ligazón

Para máis información: aedl@sada.gal620765150

 

Martes, 19 April, 2022 - 09:30 to Venres, 22 April, 2022 - 14:30

Compartir