Aberta a convocatoria para solicitar as axudas a centros especiais de emprego (CEE)

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade mediante axudas a centros especiais de emprego a través de 3 programas:

PROGRAMA I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego

PROGRAMA II: axudas á creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica

PROGRAMA III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 14 de marzo de 2024.

As solicitudes presentaranse por separado para cada un dos programas, obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I, II, III e IV) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o folleto

 

Luns, 19 February, 2024 - 13:15

Compartir

Artigos relacionados