“Creando a nosa empresa cooperativa, por onde comezamos?”, Concello de Covelo

• A Rede Eusumo organiza a xornada de promoción do cooperativismo titulada “Creando a nosa empresa, por onde empezamos?”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.
• Esta xornada pretende ensinar a traballar a proposta de valor dun proxecto empresarial e amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.
• Con esta xornada búscase achegar o modelo empresarial cooperativo a persoas desempregadas e a persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.
No plan de actuación 2015 da rede Eusumo intégrase a Xornada “Creando a nosa empresa, por onde comezamos?”, unha xornada que pretende ensinar a traballar a proposta de valor dun proxecto empresarial e amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais. Os asistentes terán a oportunidade de adquirir coñecementos básicos sobre cooperativismo e así valorala posibilidade de levar a cabo o seu propio proxecto cooperativo. Entre os obxectivos da xornada encóntranse:
• Traballar a proposta de valor dun proxecto empresarial
• Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
• Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
• Conversar con socios de cooperativas sobre esta fórmula.
Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o 28 de novembro na Casa do Concello do municipio de Covelo, e celebrarase en horario de mañá de 10:00 a 14:00h.
Inscrición:
A Xornada ten carácter gratuíto.
Prazo de inscrición: ata o 27 novembro do 2015
Pódeste inscribir chamando aos telefonos 981 55 80 08 ou 986 65 00 27, ou ben facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezo info@eusumo.coop ou info@concellodecovelo.es.
Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
www.eusumo.coop
info@eusumo.coop