“A FÓRMULA COOPERATIVA NOS SERVIZOS SOCIAIS” EN ROIS

· A Rede Eusumo organiza unha Xornada de promoción do cooperativismo en servizos socias titulada “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.

· Esta xornada terá lugar o día 11 de marzo no Concello de Rois. A través da mesma preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.

· Estas xornadas van dirixidas tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais.

 

 

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase a Xornada “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”, unha Xornada destinada a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social. A través destas xornadas se perseguen os seguintes obxectivos:

 

  • Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.
  • Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de  servizos sociais.
  • Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.
  • Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

 

Esta xornada, dirixida tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa as actividades ligadas ás iniciativas sociais, terá lugar o día 11 de marzo no Concello de Rois, no edificio de usos múltiples de Rois, en horario de tarde de 16:00 a 20:00 h.

 

 

DÍPTICO

 

Inscrición:

O obradoiro ten carácter gratuíto.

Prazo de inscrición: ata o 10 de marzo.

Pódeste inscribir chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezoinfo@eusumo.coop

 

 

Para máis información:

Tlf: 981 55 80 08

www.eusumo.coop

info@eusumo.coop

Localización : Edificio de usos múltiples do Concello de Rois 
Contacto : 981558008 info@eusumo.coop
Mércores, 11 March, 2015 - 09:00 to 13:00

Compartir