SALIMAT 2021

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social convida a todas as empresas de economía social os días 3, 4 e 5 de setembro á 24º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2021, en Silleda.
Salimat é un espazo dirixido a empresas e profesionais do sector da alimentación, onde teñen a ocasión de promocionar os seus produtos e servizos, e onde o deseño do espazo tamén permite organizar reunións B2B para reuniones de negocio, contribuíndo así a acadar unha economía social galega cada vez máis sólida e cohesionada.
O salón ofrece a oportunidade de:
- Presentar produtos nunha singular exposición e testar novidades
- Contactar cun importante número de distribuidores e importadores
- Atoparse con socios e clientes, tanto actuais como potenciais
- Reforzar imaxe e notoriedade, tamén formando parte do programa de actividades
Se queres consultar o folleto con máis información, podes premer aquí.
As entidades que queiran participar deben cubrir este documento e remitilo ao enderezo electrónico salimat@feiragalicia.com, xunto co xustificante do abono do pago correspondente á prereserva.
A esta cita tamén poderá acudir o público en xeral, aínda que a apertura ao público será tan só na fin de semana.
Para máis información: http://www.salimat.es/