A Rede Eusumo organiza para o 29 de outubro o webinar para axentes intermedios: "Informa, apoia e asesora en economía social"

A Consellería de Emprego e Igualdade a través da Rede Eusumo e dentro da iniciativa "Informa, apoia e asesora en economía social", convida ao persoal das Oficinas de Emprego de Galicia, persoal técnico de emprego e emprendemento, orientadores/as ou persoal técnico asesor de proxectos empresariais de entidades asociativas, GDR, GALP ou calquera outra entidade interesada que teña contacto directo con emprendedores e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais a participar neste encontro en liña.
Neste webinar abordaranse, entre outros, os aspectos fundamentais das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Data: 29 de outubro de 2020
Horario: de 13:30 a 15:00 horas
Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom
Inscrición:
- A xornada ten carácter gratuíto e tes ata o 28 de outubro para inscribirte na seguinte ligazón.
- Para máis información: eusumo.emprego@xunta.es / 981558008
Para consultar o programa completo da xornada preme aquí.