A Rede Eusumo organiza o 13 de decembro a "Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social"

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida aos axentes de emprego e desenvolvemento local, técnicos de emprendemento e emprego de entidades sén ánimo de lucro e outros axentes intermedios  que teñan un contacto directo con emprendedores e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais a participar nunha xornada cuxo obxectivo é promover a economía social e os seus valores entre axentes intermedios que apoian o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e ferramentas de apoio existentes.

Nesta xornada, que inaugurará Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de emprego, abordaranse, entre outros, os seguintes aspectos: A economía social, unha economia con valores; O financiamento, recursos e liñas de axuda, que apoios hai para impulsar proxectos de economía social; Faíte oír: que demandan os axentes intermedios

Para consultar o programa completo da xornada prema aquí.

A xornada ten carácter gratuíto e tes ata o 12 de decembro para inscribirte, ben no 981 558 008 ou en eusumo.emprego@xunta.es.

 

Mércores, 13 December, 2017 - 04:00 to 08:00

Compartir