Meetings formativos oportunidades de negocio: "Produción do te galego"

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:

MEETINGS FORMATIVOS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: "PRODUCIÓN DO TE GALEGO"
 

Data: o 16 de marzo 2021

Horario: 10:00 - 14:00 h

Modalidade: en liña

Obxectivos:

  • Promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias, como de novos emprendedores.

Inscricións: 

- Gratuíta

- Accede ao formulario de inscrición

- Para máis información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Se queres visulizalo cartel preme aquí.

 

Martes, 16 March, 2021 - 10:00 to 14:00

Compartir