II Feira de emprendedoras de Compostela. Innovación social no emprendemento

II FEIRA DE EMPRENDEDORAS DE COMPOSTELA

Innovación social no emprendemento é a temática escollida para esta segunda edición da Feira de Outono de Emprendedoras de Compostela, unha iniciativa que conta coa colaboración da USC e que promove a Concellaría de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas compostelá.
As protagonistas desta feira serán as mulleres que crean empresas con fins sociais, e nas que a súa actividade empresarial non está só determinada pola necesidade de maximizar os beneficios económicos, senón tamén por buscar coa súa actividade lograr un impacto social. Estas empresas son as cooperativas, xunto con outras entidades, entre as que se atopan as sociedades laborais e os centros especiais de emprego.

Datas: do 26 ao 31 de outubro de 2020
Obxectivo: 
achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna máis próxima.
Modalidade: semipresencial.
A parte presencial desenvolverase na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago e todo o evento será retransmitido en liña e en directo a través da canle de Youtube de Woman Emprende.
A formación será en liña dende o luns, día 26, ata o xoves, 29 de outubro, mentres que o venres 30 de outubro será presencial no Espazo Gastro da Praza de Abastos.
Destinatarias: mulleres emprendedoras da área de Compostela que teñen entidades de Economía Social.
Temáticas:

  • Inovación en emprendemento
  • Economía Social - Responsabilidade Social das empresas: "As persoas no centro das organizacións"
  • Responsabilidade Ambiental das empresas: a transformación da nosa contorna é unha das responsabilidades que deben traballar as empresas, algo co cal a clientela está concienciada cada vez máis e esixe
  • Emprendementos de éxito liderados por mulleres que siguen estas fórmulas de responsabilidade
  • A crise xerada pola Covid -19 e posibles solucións a ela.

Programa formativo:
Workshop semipresencial de Design Thinking: "da idea á acción" (Formación en liña para as emprendedoras durante aprox. 20 minutos/día)

  • Luns 26, 27 e 28 de outubro: Formación en liña a través dun vídeo creativo.
  • Xoves 29 de outubro: Proxecto de Co-creación, en liña e en directo, dun prato a través do Design Thinking durante 60 minutos.
     
  • Venres 30 de outubro de 2020: (Presencial na Aula Gastro da Praza de Abastos de Compostela)

18.00 - 18.30 h: Prototipado e empratado en directo.
18:30 - 19:00 h: Presentacións e feedback en directo.

  • Sábado 31 de outubro de 2020

9.30 - 10:30 h: Mesa redonda de inauguración: "As persoas no centro da organización: empresas de economía social, liderado e motivacións".
Carmen Casado CasadoResponsable de Desenvolvemento Económico, Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago
Alba Paz Boubeta Subdirectora xeral de Economía Social, Consellería de Emprego e Igualdade.
Mercedes Vázquez BartomeuAESGAL
Ana Olveira BlancoUnión de Cooperativas Espazocoop
María Dolores CalvoAGACA
Rosa GutiérrezGalega de Economía social CEGASAL

10.30 - 13:00 h: Feira expositiva das marcas emprendedoras sociais de Compostela con stands para visibilizar ás marcas e os seus produtos:
Entrevistaremos en directo ás emprendedoras para que nos presenten os seus proxectos e o retransmitiremos en directo a través da canle de Youtube de Woman Emprende.
Tamén está prevista a participación de diferentes entidades que velan por crear un tecido empresarial responsable e transformador na contorna máis próxima, con especial atención a valores asociados ao feminismo, abordados dende a creatividade, o coñecemento, o impacto social e ambiental, como mostra de que a creación de empresas innovadoras e viables economicamente nos diversos sectores é totalmente compatible coa creación dun tecido empresarial responsable.

13.00 - 14:00 h: Mesa de debate: "Empresas consolidadas referentes".
Intervirán mulleres emprendedoras consolidadas empresarialmente e que se teñen convertido en referentes no seu sector. A finalidade é coñecer a súa experiencia empresarial e amosar o conxunto de actividades económicas que no ámbito privado levan a cabo entidades consolidadas que perseguen o interese colectivo das persoas que as integran así como o interese xeral económico ou social.
M. do Mar Lorenzo MoledoVicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela
Maria Bastida Domínguez Presentación de resultados de investigación: Como fomentar o espírito emprendedor das mulleres a través da Economía Social
Erea Viz Callejas Amarelas
Isabel LorenzoRayados
Marta Álvarez Quintero Milhulloa

14.00 h: Peche da Feira
Xosé Antonio Sánchez Bugallo Alcalde do Concello de Santiago
Antonio López Díaz Reitor Universidade de Santiago de Compostela

Inscrición: a través do seguinte formulario.

Podes seguir a comunicación da feira a través das distintas redes sociais:

 

Luns, 26 October, 2020 - 09:00 to Sábado, 31 October, 2020 - 14:00

Compartir