ENCONTRO EMPRESARIAL E NETWORNKIG: FOMENTO DAS EMPRESAS DE INSERCION DE GALICIA

Aeiga, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade:

ENCONTRO EMPRESARIAL: FOMENTO DAS EMPRESAS DE INSERCION DE GALICIA

 

Data: 12 de novembro

Horario: de 10:30 a 13:30 horas

Lugar: no Liceo de Ourense

Destinatarios: dirixido principalmente as persoas representantes do tecido empresarial galego, cámaras de comercio, confederación de empresarios, clusters, etc.

Duración: 3 h

Obxectivos:

- Promocionar e difundir a figura das empresas de inserción laboral existentes na comunidade galega dentro da sociedade a través das empresas privadas.
- Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias coas empresas privadas de cara a contratación dos servizos e produtos ofrecidos polas empresas de inserción laboral.
- Eliminar as ideas preconcibidas e prexuizosas sobre as empresas de inserción laboral e os seus traballadores en inserción mostrando ditas empresas como empresas plenamente operativas, eficaces e capaces no seu ámbito de actuación.
- Por en contacto ás empresas de inserción laboral e as empresas privadas, previo coñecemento das súas necesidades, estando a disposición do axente que o precise para traballar e colaborar naquilo que se mostre necesario.

Contido formativo:

  • Vídeo presentación AEIGA e entidades socias
  • Presentación da figura das empresas de inserción
  • Empresas de inserción e RSE

 

Inscricións:

- Gratuíta

- A través de aeigagalicia@aeiga.org

Para máis información: www.aeiga.org / 881 957 452 / 698 120 455

Preme aquí para visualizar o cartel.

 

Xoves, 12 November, 2020 - 10:30 to 13:30

Compartir