Día do Cooperativismo Galego 2021

A CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE CELEBROU O DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO ESTE PASADO SÁBADO 3 DE XULLO BAIXO O LEMA 'RECONSTRUÍR, MELLOR XUNTOS'
 

  • O cooperativismo galego celebrou o seu día nas instalacións de Aira en Taboada nun acto que tamén se retransmitiu en directo polas redes da canle Eusumo.

  • Os Premios á Cooperación 2021 recoñeceron ás cooperativas Cenlitrosmetrocadrado, Catroventos Editora e a Campo da Capela.

  • A gala foi conducida pola presentadora e xornalista Patricia Santana e contou coas actuacións da compañía escénica Artesacía e do trío musical Fransy, Davide e Cibrán.
     

'Recontruír, mellor xuntos' é o lema internacional escollido para a celebración do Día Internacional do Cooperativismo que ten lugar cada ano durante o primeiro sábado do mes de xullo. O cooperativismo galego súmase unha vez máis á consigna internacional que poñendo o foco na saída á crise sanitaria nos di que para a recuperación é necesaria a cooperación. Seguindo coa tradición de celebrar este día nas instalacións dunha cooperativa diferente cada ano, desta volta o cooperativismo galego reuniuse en Aira, en Taboada nun acto que se celebrou este pasado sábado ás 12 da mañá e que podes ver a retransmisión do evento a través deste enlace.

A Consellería de Emprego e Igualdade celebrou o Día do Cooperativismo Galego nunha gala na que fixo entrega dos premios á cooperación convocados anualmente. Nesta ocasión o estudio Cenlitrosmetrocadrado recibiu o Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo novo ; a editora Catroventos o Premio aos valores cooperativos e Campo da Capela o Premio á traxectoria cooperativa.

Durante o acto fíxose tamén entrega dos premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no Ensino 2021 na modalidade para centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia e que neste ano recoñeceron co primeiro premio ao Instituto Manuel Antonio de Vigo e co premio accésit á Sociedade Cooperativa Mendiño tamén en Vigo.

A gala do Día do Cooperativismo Galego estivo conducida por Patricia Santana, xornalista limiá que dende o 2018 co-presenta o programa Luar xunto a Xosé Ramón Gayoso cada venres na Televisión de Galicia. O humor viu da man da youtuber e blogueira rural 'Chola' unha personaxe creada pola compañía Artesacía e interpretada pola actriz Laura Villaverde. Ao remate do acto ofreceu concerto Fransy, Davide e Cibrán, un dos proxectos dunha das voces máis recoñecidas da tradición galega, Davide Salvado.

 

Luns, 5 July, 2021 - 12:00

Compartir